miércoles, 3 de octubre de 2012

O CENTRO DE SAÚDE DO TEMPLE AGONIZA




O candidato nº 2 dos socialistas nas eleccións autonómicas do vindeiro 21 de outubro, José Luís Méndez Romeu, denunciou hoxe que os recortes en Sanidade do goberno de Feijoo deixarán o futuro centro de saúde de O Temple (Cambre) con “menos consultas e menos médicos”.
Así se desprende dos proxectos de obra nos que traballa a Consellería de Sanidade, que  contemplan importantes reduccións no tamaño e dotación de diversos novos ambulatorios en Galicia e que, no caso concreto do centro de saúde de O Temple, prevé unha reducción do 23% na superficie prevista e a eliminación de 6 consultas con respecto ao proxecto inicial.
Insuficiente dotación sanitaria do municipio
O candidato socialista lembrou que Cambre dispón na actualidade dun só centro de saúde, que da servizo a unha poboación de maís de 23.000 habitantes, e a parroquia do Temple, a máis poboada do concello con máis de 8.000 veciños, conta na actualidade só cun pequeno ambulatorio, “claramente insuficiente para atender as necesidades sanitarias deste núcleo, tal e como veñen denunciando os vecinos e o PSdeG”.
Méndez Romeu criticou que, a pesar de que a o SERGAS conta cunha ampla parcela de 1.291 metros cadrados, cedida polo anterior goberno municipal socialista; e das reiteradas promesas de iniciar as obras este ano por parte do actual alcalde do PP, Manuel Rivas, e da Consellería de Sanidade, os veciños de Cambre “seguen sen noticias sobre esta obra”.
Pola súa banda, o voceiro socialista na localidade, Augusto Rey, considerou que a parcela cedida polo Concello “será infrautilizada” coa construcción “dun centro de dimensións moi reducidas” e demandou  que “sexa aproveitada para dotar a parroquia do Temple dos servizos e infraestruturas acordes á súa dimensión poblacional”, tal e como veñen esixindo os socialistas da localidade.
Rey afirmou que O Temple “é a gran olvidada polo Concello e a Xunta”, pois nesta parroquia concéntranse numerosas promesas incumpridas como a gardería infantil, o  desdobramento da ponte do Burgo ou a construcción dunha rotonda no paraguas, que aliviría os problemas de tráfico na zona.

No hay comentarios:

Publicar un comentario